Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
ENTREVISTA
María Xosé Silvar “SÉS” // Cantautora

“Compoñer sempre foi para min algo moi natural, aínda que agora sexa a miña profesión”

María Xosé Silvar, máis coñecida como SÉS, e unha cantautora coruñesa cunha traxectoria ascendente e imparable. Presenta o seu oitavo traballo, o disco ‘Diante un eco’, e este sábado estará no Auditorio de Galicia, na capital galega, dando todo da súa parte para facer gozar a todos os asistentes. EL CORREO GALLEGO puido conversar ca artista antes do seu concerto.

Por qué decidiches adicarte á música?

A miña profesión é froito da casualidade. Comecei tocando cun grupo de amigos por pura diversión e, a raíz de facer concertos, un par de produtoras ofrecéronme sacar un disco. Dixen que si a unha delas e até agora.

Desde cando compós?

Se che digo a verdade, eu era unha desas nenas que canta cancións inventadas. Acho que a creatividade nace coa persoa, pero as primeiras cancións “en serio” fíxenas con ese grupo de amigos do que che falaba. Para min sempre foi e segue sendo algo moi natural, aínda que agora sexa a miña profesión.

Que significa para ti Diante un eco?

Diante un eco representa un paso do Xardín de infancia á Escola Primaria.

Aínda que non me considero veterana, penso que é o meu primeiro traballo como Non-novata. Pode soar estraño dicir iso dun oitavo disco, pero en certo modo sintoo como o inicio dunha nova etapa que encaro coa mesma ilusión e paixón coas que fixen “Admirando a condición”, pero con moito máis oficio e experiencia.

Qué quixeches transmitir neste novo proxecto?

Os meus álbumes non teñen nunca ningunha “intención” en sentido estrito”. Non “quero transmitir” algo en concreto cando me nace poñer determinados versos nun papel, simplemente escrebo o que teño dentro. Compoño dun modo moi visceral sen máis vontade nin meta que a expresión en si mesma. Pensa que, como che dixen antes, eu nunca quixen adicarme á música - aínda que estea moi contenta de facelo- polo que nunca sentín tampouco as presións ou inseguranzas de alguén que deseña previamente algo co obxectivo de que triunfe. Aprendín a facer cancións sen imaxinar nin pretender nunca que iso supuxese popularidade ou sustento. As miñas composicións son espontáneas e a escolla que fago antesde comezar cada disco tamén o é, aínda que por suposto estea mediatizada polo meu momento vital e polo contexto.

Cómo está sendo a acollida da nova música?

Moi boa. Pero eu non me poido queixar a ese respecto. A verdade é que o público sempre foi moi amábel e xeneroso comigo. Eu estou onde estou grazas ao público, grazas á xente que merca as entradas dos teatros e a todas e todos os que enchen os nosos concertos alá onde imos. De non ser así, as persoas que non temos un discurso compracente co sistema xamais poderíamos adicarnos á música, e os discursos non compracentes ou críticos non terían presenza social. Por iso cada vez que me subo a un escenario lle dou as grazas ás persoas que teño diante, e fágoo desde o fondo do corazón.

Qué esperas que sinta a xente cando escoita as túas cancións?

Non espero nada, pero gustaríame precisamente iso, que sentise. E sobre todo que se sentise acompañada nalgún momento, como eu me sentín por outras e outros.

No contexto actual, caracterizado pola hipersexualización e a frivolidade, pola ausencia ou marxinalidade do texto, polo empobrecemento extremo do contido, conseguir que alguén te escoite e se sinta acompañado dun xeito profundo, de humano a humano, é a maior e a mellor das aspiracións.

Este 17 de decembro tes un concierto en Santiago, ¿Con ganas de subir o escenario?

Teño moitas ganas, claro. Eu sempre teño gañas de cantar para a xente, e máis en Galiza, que é onde máis me gusta tocar. Compostela pode estar segura de que imos con toda a intención de facerlles pasar unha gran noite.

Cómo se sinte ao estar aí arriba?

Unha síntese profundamente agradecida e afortunada. Soa a clixé, pero non o é. Cada vez que chego a un teatro sigo alucinando coma o primeiro día ao pensar que esa xente está aípara escoitarme, pódesme crer

Con quen che gustaría colaborar?

Non son moito de facer colaboracións, en parte pola miña timidez, pero obviamente sería un pracer cantar con determinadas persoas. Xente que me ensinou a pensar, sobre todo. Non che vou dicer ninguén vivo porque soa a petición. Direiche que, de iso ser posíbel, unha cousa que tería sido inigualábel para min sería ter cantado con Mercedes Sosa ou, algo que seguro lle sorprenderá máis á xente, con Mª Dolores Pradera.

O mellor e o peor do mundo da música?

O mellor: a música. O peor: a impostura.

O teu maior medo?

Non teño máis medo que a un problema serio de saúde, miña ou dos meus. O demais non me asusta en absoluto.

Soño por cumprir?

Teño máis do que nunca soñei.

17 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.