Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Confirmadas as primeiras actuacións do vindeiro 17º Ribeira Sacra Festival

Teenage Fanclub, The Excitements, Bronquio e ALE ofrecerán os seus novos traballos

Santiago. Teenage Fanclub, The Excitements, Bronquio e ALE son as primeiras confirmacións da quinta edición de 17º Ribeira Sacra Festival, que se celebrará do 16 ao 18 de xullo de 2021 na Ribeira Sacra.

O Ribeira Sacra Festival é unha cita anual na que música, patrimonio, paisaxe, gastronomía e viño únense para crear unha experiencia única para o público. Os concertos en espazos singulares son un dos principais atractivos para un festival que o próximo verán reunirá, nunha fin de semana, á mítica formación escocesa Teenage Fanclub.

A banda escocesa intepretará o seu esperadísimo novo traballo, Endless Arcade, un álbum que sairá ao mercado o próximo mes de marzo e que reflicte o momento actual no que se atopa a banda.

Tamén, The Excitements, anuncian o seu retorno aos escenarios despois dun ano de pausa e coa incorporación da cantante francesa de orixe somalí Kissia San, quen liderou diferentes proxectos dentro da escena do blues e do soul en Francia.

Doutra banda, o recente éxito de Bronquio débese sobre todo á alta calidade das producións, que ademais contan con colaboradores de excepción como Kiko Veneno ou o máis selecto do trap nacional.

En cambio ALE, proxecto artístico posto en marcha polo músico e compositor galego Alejandro González, deixa marcada a súa especial sensibilidade na arte de facer cancións pop, adaptando o seu reconocible estilo a múltiples rexistros. ECG

13 ene 2021 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.