Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

‘Containers’, unha viaxe pola contorna urbana, chega a Vigo

A mostra de Manuel Quintana Martelo é unha serie de pinturas prácticamente inédita onde as contedoras son o obxecto único

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo -MARCO- acolle este luns unha mostra de pintura de Manuel Quintana Martelo, o artista e tamén presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, expón por vez primeira e de forma individual desde 2010.

Esta exposición reúne en estrea a serie Containers, na que Manuel Quintana Martelo ( Roxos, 1946) leva traballando sen interrupción desde 2012 e resulta practicamente inédita.

Durante o últimos nove anos, Quintana Martelo centrouse nunha serie de cadros nos que o motivo principal, o detonante e o obxecto, son as contedoras que él vai atopando nas cidades que visita. Todos teñen un trazo común que consegue chamar a atención: inicialmente, unha presenza escultórica definida, unha composición atractiva e un impacto visual. A serie está baseada nun conxunto de contedores, tratados como presenzas escultóricas, pero tamén como bodegóns urbanos.

O inicio da idea tivo lugar cando ao seu autor, chamoulle a atención unha contedora en Madrid, preto do Congreso dos Deputados. A escena impactoulle e, nas súas palabras gustoulle “a forza que tiña o conxunto do container, e a partir de aí tiven esa obra no estudo, e comecei a traballar na serie logo dun tempo”. Esta obra, rematou sendo un cadro de grandes dimensións que se poderá ver na esala de exposicións e que mide oito metros de ancho.

Na exposición o obxecto principal de cada obra inédita é a contedora urbana. Nesta, hai dúas partes diferenciadas. Unha delas é a chamada “compendio” por parte do artista, onde recolle as obras máis pequenas cun total de 42 containers de formatos distintos, escenas que foi atopando ao longo destes últimos dez anos e que lle chamaron a atención. Por outra banda, no resto da exposición hai arredor de sete containers, en forma de bosquexos e ideas previas que foi desenvolvendo ao longo de todo o proceso.

Neste senso, a mostra inclúe bosquexos, debuxos preparatorios, debuxos e acuarelas de gran escala, así como cadros en diferentes formatos. Así, pódese seguir o modo de traballar do artista e a súa resposta ante distintos soportes.

Esta temática urbana, explica Quintana, ven dada dun “síntoma dos tempos e reflicte un pouco o que é a resconstrucción e a rehabilitación das cidades”, sendo as contedoras un exemplo desto, do proceso de cambio.

“Estas pezas acábanse transformando en parte do mobiliario visual urbano, aínda que sexan temporais, sí que teñen un efecto dentro do ámbito urbano, formando parte da nosa contorna”, explica o artista.

Esta mostra conta cun importante impacto visual, onde cada contedora existe na realidade urbana, aínda que moitos xa non se poidan ver nas rúas. Ademais, para o artista e padre das obras, esta exposición resulta gratificante por ver o proxecto montado no Museo.

Arredor do 70 por cento dos containers son referencias que foron sacadas de Madrid, lugar onde Quintana conta co seu estudo de arte. Con todo, o último é un contedor de Vigo, que tamén se engade á mostra. As obras, están inspiradas en diferentes urbes esparexidas por toda a xeografía nacional. Segúnddo explicoou Quintana, hai contendoras de Teo, do centro de Santiago de Compostela, de País Vasco, en concreto de Guernica, ademáis de Cataluña.

A exposición, abre este luns ao público no Museo de Arte Contemporánea de Vigo, de 18:00 a 21:00 horas e a entrada é de balde. Estará dispoñible no museo até o 27 de febreiro de 2022.

Apertura
Obras e cadros de cidade

··· A exposición ‘Containers’ inaugúrase este luns ás 18.00 ata as 21.00 horas, no Museo de Arte Contemporáneo de Vigo -MARCO- . A entrada é gratuíta, además, estará aberta aberta ao público ata o 27 de febreiro deste próximo ano. Todas as persoas interesadas poderán achegarse dentro dun amplo horario que comprende de luns a sábado de 11.00 a 14.30 horas e de 17.00 a 21.00 horas. Pola súa parte, os domingos, a apertura será de 11.00 a 14.30 horas. Ao remate do período de exposición, a mostra trasladarase ao País Vasco, onde se exporá na Sala Rekalde de Bilbao. Aquí permanecerá outros catro meses exposta . Ademais, Manuel Quintana Martelo, engadirá para esta mostra engadirá outra obra inédita, un novo ‘container’, visto nesta cidade.

··· Comisariada por Juan Manuel Bonet,e en palabras do autor, di que confesa que nunca se fixara, e a “raíz da mostra, ve que existen, que están aí, e que teñen o seu atractivo”.

08 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.