Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 04 julio 2020
13:07
h

Convocada a 14ª edición do Premio Narrativa Breve Repsol

É un certame xa consolidado e de referencia no mundo das letras galegas

Santiago. A Xunta de Galicia e a Fundación Repsol renovaron a súa colaboración e convocaron a décimo cuarta edición do Premio Narrativa Breve Repsol, un certame xa consolidado e de referencia no panorama das letras galegas. Nesta nova edición o prazo de presentación de traballos na Fundación Repsol está aberto ata o vindeiro 31 de xullo e os textos deben ser orixinais e escritos conforme á normativa establecida pola Real Academia Galega. Todas as obras presentadas deben ser inéditas, cunha extensión mínima de 50 folios e máxima de 120.

A dotación económica é de 12.000 euros e inclúe a publicación da novela gañadora pola Editorial Galaxia. O xurado estará conformado por unha persoa representante da Consellería de Cultura e Turismo, outra da Fundación Repsol, da Real Academia Galega, da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e outra da Editorial Galaxia.

O Premio Narrativa Breve Repsol foi creado no ano 2006 pola refinería de Repsol na Coruña e pola Fundación Repsol desde 2010, e convocado en colaboración coa Xunta de Galicia, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Conta, desde o inicio, co apoio da Real Academia Galega e da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, así como coa estreita colaboración da Editorial Galaxia, encargada de editar as obras gañadoras. Preto de 400 obras presentaronse desde a súa creación e as 13 gañadoras foron publicadas pola Editorial Galaxia. ECG

30 jun 2020 / 19:40
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito