Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

do Ourense ICC Week

OUTUBRO. A sétima edición da Ourense ICC Week, organizada pola Deputación de Ourense, converterase do 13 ao 17 de outubro nun novo punto de encontro para expertos, emprendedoras e profesionais da creatividade para, desde diferentes puntos da provincia, debater, analizar e gozar coas propostas culturais e de lecer que ofrece a programación desta cita. A Ourense ICC Week volve unha vez máis a centrar a súa imaxe no patrimonio cultural da provincia, desta volta convertendo o Dolmen da Casiña da Moura, na necrópole de Maus de Salas (Muíños) no protagonista do cartel oficial desta edición. Coque Malla será un dos nomes protagonistas nesta edición da ICC Week, nunha cita moi esperada polo músico madrileño onde se atopará de novo en directo co seu público, xa que volve aos escenarios con toda a súa banda, cun concerto o vindeiro 16 de outubro no Auditorio Municipal de Ourense. Santiago Auserón será outro dos artistas destacados da ICC Week como Juan Perro o 15 de outubro no Teatro Principal. A Semana das Industrias Culturais e Creativas organizada pola Deputación de Ourense recuperará nesta edición as actividades presenciais e con público in situ, logo da singular edición do ano pasado ano 2020. REDACCIÓN

25 sep 2021 / 00:14
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito