Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

‘Corremundos’ comparte o traballo dos queixeiros galegos e holandeses

En Ourense, ‘Non lle chames amor’ abordará hoxe un tema aínda moi tabú na sociedade actual: a menstruación

No programa Corremundos desta semana, que viaxa aos Países Baixos, os espectadores da Televisión de Galicia aprenderán a facer queixo gouda, famoso en todo o planeta. E farano sen procesos industriais, porque visitarán unha granxa onde se elabora de forma tradicional dende hai 100 anos. Por suposto, o programa tamén acompañará un queixeiro galego na súa xornada de traballo. Ata 5.000 litros de leite caben na súa cuba, case nada.

De volta en Holanda, Corremundos sairá aos arrabaldes de Róterdam para pasar un día nun dos seus famosos viveiros de flores. E descubrirá que existe vida máis alá dos típicos e tópicos tulipáns. Aínda que, para os que prefiran as camelias, en Goián son especialistas no seu cultivo. Hainas de todos os tipos e cores, xunto con outros 300 tipos de plantas.

‘NON LLE CHAMES AMOR’. A limusina de Non lle chames amor pon hoxe rumbo a Ourense para abordar, entre outros, un tema aínda moi tabú na sociedade actual: a menstruación. Afondarase sobre como se vive, como se ve, como evolucionou ao longo dos anos e como inflúe no día a día.

Nesta nova entrega do programa da TVG, atreveranse a subir na limusina tres convidados moi especiais. Un deles é Miguel, que descubrirá un mundo aínda algo descoñecido: o swinger.

Os espectadores tamén coñecerán a Sonia, unha muller pertencente ao sector da moda de alto standing e que percorreu todo o mundo ata recibir a chamada dun famoso deseñador galego. Con ela, Raquel Graña falará de sexo e moda. E, por último, chegará Jose, un mozo moi atrevido disposto a falar de sexo sen ningún tipo de limitacións.

‘A REVISTA’. A Revista conta hoxe no estudio con Ramón González Juanatey. O xefe do Servizo de Cardioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) acaba de ser nomeado académico pola Real Academia de Medicina de Galicia. Tamén catedrático de Medicina de Universidade de Santiago de Compostela (USC) e líder do grupo de investigación neste campo da Área de Inflamación do Instituto de Investigacións Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), asume a cadeira reservada a Cardioloxía. Falará no programa de como vive este nomeamento.

Tamén en directo, José Luis Campos Represas, voceiro da Plataforma Nacional 120, explicará as propostas da entidade para evitar sinistros graves nunha estrada que vén de sumar unha nova vítima mortal, a causa dun atropelo á altura de Ponteareas. E a xornalista Ana Gayoso ocuparase das novidades relacionadas co mundo dos famosos.

Por outra parte, o magazine da Televisión de Galicia afondará nunha nova polémica xurdida a raíz do tope do 2% á suba dos alugueiros, como consecuencia do incremento da inflación. Segundo a Federación Nacional de Asociacións Inmobiliarias, os arrendadores están optando por non renovar as prórrogas nos contratos que vencen para burlar a medida

‘ZIGZAG’. Este xoves arranca a Folidada da Fonsagrada, que se estenderá ata o sábado. Os organizadores do encontro comentarán no ZigZag o programa deste ano. A Foliada, que acada a súa sexta edición, contará con obradoiros, teatro, rutas, baile e moito máis.

07 dic 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
TVG
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.