Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Cortegada celebra a Feira de Artesanía e de Porco Celta

Festexo. Cortegada celebra este fin de semana a XII edición da súa Feira de Artesanía e de Porco Celta, un evento gastronómico e cultural organizado polo Concello coa colaboración da Deputación de Ourense e que este ano abarca, ademais da feira de artesanía e o xantar popular de porco celta -o domingo 14 de agosto-, citas como os concertos de Óscar Ibáñez -o venres día 12- e A Roda -sábado 13 de agosto-, actividades infantís, degustacións e varios obradoiros.

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participou este martes na sala de prensa do Pazo Provincial na presentación da Feira de Artesanía e de Porco Celta acompañado polo alcalde de Cortegada, Avelino de Francisco, e da concelleira de Cultura, Begoña Estévez. César Fernández felicitou na súa intervención ao Concello por un evento que “reivindica o noso patrimonio, cunha festa popular de coidada programación para todos os veciños e visitantes”, e avanzou o apoio da Deputación a este tipo de proxectos, que “axudan a dinamizar o rural”.

O alcalde recoñeceu o apoio da Deputación á celebración da festa, ademais da cooperación da Xunta a través da celebración do concerto de Óscar Ibáñez, “un gran gaiteiro que é un artista de referencia” e que chega a Cortegada encadrado dentro do ciclo do Xacobeo. Avelino de Francisco remarcou que esta edición supón a “volta á normalidade”. ECG

09 ago 2022 / 23:44
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito