Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

‘Cos pés na terra’ estará hoxe cunha rapaza afeita a traballar con maquinaria pesada

Os espectadores coñecerán ademais un cultivo novo en Galicia: o lúpulo

Os espectadores de Cos pés na terra van coñecer hoxe un cultivo novidoso en Galicia: o lúpulo, unha marabilla natural que Elena e Carlos cultivan para fabricar a súa propia cervexa artesá e ecolóxica.

O espazo da TVG ten tamén unha cita tamén con Laura, unha rapaza afeita a traballar con maquinaria pesada no monte e tamén con máquinas máis lixeiras coma as de fotos para encher Internet co seu día a día.

Outro dos protagonistas do programa será Fernando, un criador de porco celta que ten tan boa man coidando dos seus animaliños como poñéndolles nome.

‘PÍDECHAS O CORPO’. O San Xoán marca para case todos o comezo do verán e das vacacións. Remata o curso escolar, os días son eternos, as noites pequenas, a temperatura inmellorable e as ganas de festa estoupan por todos os recunchos coma muxicas nunha fogueira. Este ano será un San Xoán máis recollido, máis familiar, pero quen poida non deixará de saltar unha pequena cacharela, aínda que sexa no xardín ou na horta da casa, nin de comer unha sardiña ou lavar a cara coas herbas de San Xoán, porque esta festa, que se celebra nas praias, no interior, nas cidades e nas vilas pequenas, é unha das máis tradicionais de Galicia.

No programa Pídechas o corpo, os espectadores da TVG verán esta noite dúas das celebracións máis multitudinarias desta festa: a da cidade da Coruña e a que se fai na praia de Panxón, no concello de Nigrán.

22 jun 2020 / 00:12
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.