Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

‘Cousas da casa’ vai axudar a unha bailarina a facer a maleta

O programa da TVG viaxará ata Guía, onde limpará a roupa e complementos acumulados en anos polo deseñador Jandro

Cousas da casa ofrece hoxe un programa cheo de sorpresas, emocións e diversión. Nesta ocasión, Vanesa Travieso visitará a localidade da Guía, en Vigo, onde coñecerá a Jandro, un deseñador galego que, despois de moitos anos, volve á casa familiar e, debido á súa profesión, acumula toneladas de roupa e complementos que non é quen nin de tirar nin de organizar. Merece a pena ver o antes e o despois de que a coach do programa realice o seu traballo.

En Mos, os espectadores coñecerán a Patricia, unha bailarina profesional que viaxa cada 15 días a Italia para impartir clases de baile deportivo e que ten un gran problema coa súa maleta, xa que non é quen de meter toda a roupa que necesita para as dúas semanas que pasa fóra da casa. Meter nunha maleta de fin de semana roupa para 15 días, categorizada e ordenada será todo un reto para a organizadora profesional de Cousas da casa.

Por último, o programa achegarase a Ourense para axudar a Érika e Adrián, un matrimonio ourensán que proximamente se mudará á súa nova casa e necesita alixeirar a súa cociña para que a mudanza sexa o máis levadía posible. Acabarán sorprendidos da cantidade de cousas que teñen na súa cociña, aprendendo a descartar as que non usan e quedar co verdadeiramente necesario.

Por outra banda, na G2 estrease este martes Noite irisada, documental que recolle a loita dalgunhas das persoas que loitaron e loitan polos dereitos e liberdades dos colectivos LGTBI en Galicia. A viguesa Bea Vázquez Campaña explica os cambios socioculturais que se deron ao longo da historia.

A través dun coidado traballo de investigación, o filme máis recente da directora, candidato aos Premios Mestre Mateo do ano 2020, ofrece una completa panorámica destes profundos cambios socioculturais: da normalidade das prácticas homosexuais en tempos pasados aos inicios da homofobia e a persecución posterior; da adulteración das cantigas medievais ou a represión franquista, ata os nosos días.

Este labor documental conta, ademais, co testemuño de persoas que viviron a súa condición sexual na clandestinidade, activistas que a través de diversas organizacións loitaron pola consecución de dereitos que hoxe parecen elementais, pero tamén co de xente máis nova que fala de todo o que queda por facer e do temor, tamén fundado, a un retroceso destes dereitos conquistados.

E tamén hoxe, A Revista conversará sobre a primeira comunidade de vivenda compartida de Galicia. A arquitecta Cristina García Fontán achegarase ao estudio para presentar esta iniciativa que ten como obxectivo levantar 20 casas e espazos comúns, destinados a persoas maiores de 50 anos.

Con motivo da retirada da obrigatoriedade da máscara nos espazos abertos nos que hai distancia interpersoal, o magazine recibirá o psicólogo sanitario Diego Antelo Guerra. O profesional abordará a cuestión do coñecido como síndrome da cara descuberta ou cara baleira, que aumenta agora a súa presenza entre a sociedade.

O programa da TVG desprazarase ao Museo Interactivo do Museo de Lugo, que acolle ata o mes de setembro a exposición Galiza a golpe de click. Unha representación de diversos momentos da historia de Galicia como a cultura castrexa ou a romana.

29 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.