Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Creación dunha nova conciencia ecolóxica para evitar os plásticos

Para iso, sérvese da personaxe protagonista, unha cociñeira a cal, logo de que afunde unha noite de trebón o barco onde traballa, chega nun bote a unha illa morta, chamada a Illa Pequena de Plástico, na que todo é de plástico. Cos restos que atopa constrúe unha boneca -de plástico- á que lle canta e lle fala da súa vida anterior, na que tiñan cabida as árbores, amoras, verdura..., nesoutro mundo que existe alén desa illa de lixo na que agora ambas viven, nun contraste claramente demoledor con función de denuncia ambiental.

Esa mesma función exércena os animais que a visitan e que mutaron por mor da contaminación, recordando os tempos felices en que vivían nun océano limpo. É o caso curioso da quenlla que a quere papar e que acaba vomitando o plástico nunha reviravolta do conto de Carapuchiña vermella, así como as pantasmas feitas de retallos de bolsas de lixo que a queren destruír e mais as receitas saborosas que ela tenta preparar e que na illa resulta imposible, pois nese mundo de refugallos, composto por envases, tapóns, xoguetes escachados, cortinas de ducha..., todo está morto.

Trátase dunha clara apelación á necesidade de forxar unha conciencia ecolóxica que creará nos máis pequenos uns valores ambientais imprescindibles para a supervivencia futura do planeta.

palabrasdepan@gmail.com

08 feb 2021 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.