Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

de arte contemporánea

Pueblo. A Asociación de Galerías de Arte Contemporánea de Galicia estreou onte a súa nova tempada co apoio da Xunta de Galicia. Trátase dunha colaboración dotada con 100.000 euros que se leva a cabo grazas ao convenio asinado entre esta entidade e o Goberno galego co obxectivo de apoiar a produción, comunicación e difusión da súa programación.

Neste contexto, ao longo da xornada oito galerías realizan unha inauguración coordinada das exposicións que forman parte do proxecto 2020-2021. Concretamente, en Santiago de Compostela, estrean mostra as galerías Luisa Pita, Trinta Metro e a Galería Nordés, onde estará exposta a colección Amanhar de Dalia Gonçañves que o representante da Consellería de Cultura e Educación visitou onte polo serán.

Na Coruña, pola súa banda, inauguran mostras as galerías Moret Art, e Vilaseco, onde a exposición, baixo o título de O Pronunciamento, foi inaugurada onte nun acto no que participou o director xeral da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo.

Ás oito salas anteriores súmase a Galería Marisa Marimón, en Ourense, o Galería PM8, en Vigo.

O convenio asinado entre Contemporánea e a Xunta de enmárcase no Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico. ECG

18 sep 2020 / 00:02
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.