Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

TVG ofrece esta noite o programa ‘Eu quero Carme’

    Santiago. A Televisión de Galicia (TVG) ofrece esta noite un programa especial dedicado a unha das celebracións máis emotivas do ano en Galicia. Eu quero Carme.

    As reporteiras Adela Bértolo, Laura Vaqueiro, María Rial e Belén Vara estarán nas Festas do Carme da vila de Camariñas. Alí poderán gozar da tradicional Danza de Arcos e dunha procesión por terra e por mar da Virxe do Carme. A continuación, visitarán Rianxo, onde os mariñeiros sacan por fin a súa Virxe do Carme polas rúas do concello. Alí tamén haberá música tradicional e troula a esgalla. Igual que en Marín, onde un dos puntos fortes das súas famosas Festas do Carme é o concerto da orquestra París de Noia.

    As cámaras e reporteiras do programa deste mércores tamén estarán en Foz para participar na elaboración das alfombras de flores do Carme e compartir cos focegos a súa paixón pola Virxe.

    Ademais, Eu quero Carme irá de sardiñada á parroquia de Cangas, tamén no concello de Foz. E acompañará este delicioso manxar do verán coa música de Los Satélites.

    O programa porá voz ás emocionantes historias dos mariñeiros de Cangas e, na parroquia de Cesantes, en Redondela, presentará unhas mulleres do mar que teñen moito que dicir sobre a súa Virxe do Carme. As festas de Corcubión, en que as charangas percorren o concello desde primeira hora da mañá, completan o menú festeiro deste espazo especial da Televisión de Galicia con mistura de músixa, reportaxes e tamén entrevistas. redacción

    21 jul 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.