Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Culturgal desconfínase este ano e aposta por unha edición de reencontro con público

Co lema ‘A cultura que toca’, o evento apostará polo impulso do contacto entre a acción cultural en directo e os asistentes

Culturgal, a feira das industrias culturais de Galicia, decidiu “ desconfinarse” e recuperar a súa “esencia”, segundo avanzaron os seus organizadores, na presentación da que será a súa décimo cuarta edición.

A feira, que se celebrará na cidade de Pontevedra entre os días 26 e 28 de novembro, abriu xa o prazo de reserva para as empresas, entida-
des culturais e artistas que queiran participar na pro-gramación do Culturgal.

“A cultura que toca” é o lema que escollimos este ano e que queremos que teña un amplo significado, por unha banda, o relativo a fomentar o contacto entre a acción cultural ao vivo e o público, entre as empresas e axentes culturais, coa previsión de que esta Culturgal será a do reencontro, a da recuperación, a do contacto directo coa cultura. Este leiv motiv de A cultura que toca tamén, porque se sempre é necesaria, pensamos que agora

máis que nunca cultura para superar a crise, cultura para fomentar o diálogo, o respecto e a diversidade, cultura como laboratorio dun futuro mellor, cultura como punto de encontro”, reseñou o presidente da Asociación Culturgal, Víctor López.

O director da Feira, Xosé Aldea, convidou ao sector cultural a participar na Feira confeccionando un programa que é “un proxecto colectivo, xa que a programación da Culturgal constrúese con propostas chegadas das empresas, das entidades e institucións, dos creadores e artistas, nun proceso que está aberto até o 15 de setembro”. e a través da web cultur.gal.

Sinalou ademais que o venres 26 do mes de novembro será unha xornada orientada aos profesionais do sector e os días 27 e 28 abrirase ao público.

Victoria Alonso, deputada de Cultura e Igualdade na Deputación de Pontevedra, destacou a presenza que terá a institución provincial na Feira con stand propio mostrando a cultura feita na provincia. “Sabemos que non poderemos ofrecer a interacción e o dinamismo doutros anos no stand, pero volveremos a traballar con entusiasmo con todos os concellos para mostrar a súa labor cultural”, sinalou.

Desde a Agadic-Xunta de Galicia, Jacobo Sutil reseñou que Culturgal volva a ser punta de lanza da cultura galega. “Se o ano pasado fixeron unha edición online exemplar, é unha moi boa nova recuperar a presencialidade e o contacto directo do público coa cultura, imprescindible para reactivar o sector entre todos”, apuntou Sutil.

Vive Nigrán regresa este ano ao pé de praia América
Os tres días de música organizaranse unhas experiencias turísticas e de concienciación

Nigrán. A temporada Fests Galicia arranca esta semana con tres dos festivais adheridos á marca da Xunta para a promoción de Galicia como destino musical de calidade: Atlantic Fest de Vilagarcía de Arousa, o Festival Ribeira Sacra e Vive Nigrán Picnic Pop Festival. O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, acompañou hoxe os organizadores deste último encontro, que regresa ao campo de fútbol de Monte Lourido, ao pé de praia América, para ofrecer tres días de música como parte central dun completo programa de ocio e cultura.

Ademais, organízanse unha serie de experiencias turísticas e de concienciación, como Vive Sostible, Vive Activo e Vive Patrimonio.

Esta marca é unha das dúas principais vías de apoio da Xunta aos festivais profesionais de música, para os que se conta cun orzamento de 840.000 euros en 2021. De feito, FEST Galicia reforzouse cun investimento de 500.000 euros, un 25% máis que en 2020. Este ano retomouse, ademais, a convocatoria específica de subvencións a festivais de música, suspendida ante a imposibilidade de levar a cabo os eventos nos seus formatos habituais. ECG

13 jul 2021 / 18:28
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.