El Correo Gallego

Noticia 48 de 86 noticia anterior de CUMBRE DEL CLIMA 2019 Tendencias » CUMBRE DEL CLIMA 2019

Quentamento global, acaba unha década de valores e fenómenos meteorolóxicos excepcionais

Alerta polas altas temperaturas acadadas, a subida do nivel do mar e o restroceso do xeo

CAMBIO CLIMÁTICO Efectos do devastador
ciclón/huracán Dorian, tras o seu paso polas Bahamas, o pasado mes de setembro - FOTO: EFE
CAMBIO CLIMÁTICO Efectos do devastador ciclón/huracán Dorian, tras o seu paso polas Bahamas, o pasado mes de setembro - FOTO: EFE

SANTIAGO. REDACCIÓN  | 07.12.2019 
A- A+

A Organización Meteorolóxica Mundial alerta sobre o feito de que este 2019 pon punto e final a unha década marcada por rexistros de calor excepcionais, retroceso dos xeos e subida do nivel do mar sen precedentes a nivel mundial, uns cambios impulsados "polas emisións de gases de efecto invernadoiro", explica nun comunicado de prensa desta mesma semana. Todo apunta a que o presente ano será o segundo ou terceiro máis cálido do que se teñen datos.

Entre as consecuencias advertidas está que as precipitacións serán cada vez máis irregulares, poñendo en perigo as colleitas, e que a calor extrema afectará á saúde das persoas. Algunhas das medidas xa constatadas que poñen en perigo ao planeta son:

Temperatura alta. De xaneiro a outubro do 2019 a temperatura media mundial estivo 1,1 grados centrígrados por riba dos niveis preindustriais (1850-1900). A maioría das zonas tiveron temperaturas por riba da media aínda que en América do Norte, excepto Alaska, quedaron por debaixo.

Nivel do mar. O mar segue subindo, pero o ritmo deste aumento acelerouse. En outubro do 2019 a escala mundial foi o nivel máis elevado desde que se comezou a rexistrar estes datos, en xaneiro do 1993.

Temperatura e acidificación dos océanos. O mar absorbe máis do 90 % do exceso de enerxía que se acumula no sistema pola subida dos gases invernadoiro. Neste ano o contenido calorífico dos océanos nos primeiros 700 e 2.000 metros baixo a superficie rexistraron niveis sen precedentes. Ademáis, absorberon o 22 % das emisións de gases, atenuando o cambio climático, pero volvéndose máis ácedos.

Menos xeo marino. O Ártico decrece constantemente. A extensión no mes de setembro (mes que acostuma a ser cando hai menos xeo) foi a terceira máis baixa. O mesmo pasa en Groenlandia.

Outros fenómenos en aumento. Inundacións (promedio de precipitacións cada vez maiores), sequía, olas de calor (como as de xuño e finais de xullo en Europa, con récord), incendios forestais ou ciclones tropicais (66 xa neste ano no Hemisferio Norte e 27 no Sur).