Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

David Rubín realizará o cartel da 26 edición do festival de cine OUFF

O historietista asume o reto de darlle imaxe á nova edición do festival ourensán de cinema

Santiago. A organización do Festival de Cine de Ourense (OUFF) está traballando arreo para sacar adiante a 26 edición do evento, que terá lugar entre o 24 de setembro e o 2 de outubro de 2021. Este ano a Fundación Carlos Velo, que colaborou nas tres últimas coa Deputación de Ourense, asumirá máis protagonismo na organización do festival OUFF mantendo o mesmo equipo. Agora mesmo estase a traballar para, nos vindeiros días, dar a coñecer as bases da competición de Sección Oficial.

A primeira novidade para este 2021 é que xa temos autor para o cartel: David Rubín. O historietista e animador ourensán, un dos máis prestixiosos do panorama estatal e internacional, será o encargado de facer o deseño e de darlle unha imaxe renovada para a 26 edición do OUFF.

Rubín súmase así a unha longa lista de artistas de Ourense que asinaron o cartel do OUFF. Nos ultimos tempos, o pintor Baldomero Moreiras foi o encargado de deseñar o da edición do pasado ano, a do 25 aniversario; no 2019, Alexandro fixo o cartel da sección Cine e auga mentres que no ano anterior, o deseño recaera no deseñador carballinés Suso Obenza. David Rubín (Ourense, 1977) formouse na EASD Antonio Faílde e colaborou con diferentes revistas; é un autor galego que ven de acadar varios. efe

19 mar 2021 / 00:29
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.