Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Deputación e Viaqua presentan un Pacto Social para implantar un modelo de xestión da auga que mellore a calidade de vida e protexa ás persoas

iniciativa, promovida pola empresa mixta AquaOurense ten como obxectivo dar resposta aos novos retos sociais e económicos derivados da crise sanitaria e climática, apostando pola solidariedade, o emprego de calidade e a reconstrución verde para a provincia

Ourense. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, presidiu onte no complexo turístico do Corgo, en Muíños, o acto de presentación do Pacto Social promovido por AquaOurense, a empresa mixta formada pola institución provincial e Viaqua, para dar resposta aos novos retos sociais e económicos derivados da crise sanitaria e climática, apostando pola solidariedade, o emprego de calidade e a reconstrución verde para a provincia.

Ante representantes de entidades económicas e sociais ourensás, Manuel Baltar definiu a presentación deste Pacto Social como “un proxecto único e pioneiro que seguro imitarán noutras partes do Estado, como exemplo de colaboración entre administracións públicas e institucións sociais e económicas, que mediante o diálogo e ás achegas dos expertos no tratamento da auga que participarán nas mesas de traballo se extraerán conclusións, para prever por onde temos que camiñar para garantir o futuro dun elemento fundamental para a vida como é a auga”.

Solucións, apuntou, que a Deputación poderá trasladar aos órganos de dirección ou comités de goberno dos foros nacionais e internacionais nos que está presente.

Manuel Baltar enmarcou o pacto na liña de anticipación e planificación coa que traballa a Deputación de Ourense “e que nos levou en 2008 a poñer en marcha unha iniciativa pioneira no ámbito estatal coa creación de AquaOurense, hoxe exemplo de colaboración público-privada na xestión do ciclo da auga”.

Destacou o presidente provincial a coincidencia deste acto coa data de hoxe, Día Mundial contra a Desertificación e a Seca, que se ven celebrando desde 1995, “o que tamén nos permite lembrar outra acción pioneira da Deputación de Ourense como é a colaboración cos concellos no deseño de plans contra a seca”.

Non hai data máis acaída para a presentación do Pacto Social de AquaOurense –dixo- “como tampouco hai un lugar máis axeitado como o Concello de Muíños, onde están representadas a auga, a natureza e o deporte nun lugar paradisíaco xunto á fronteira con Portugal, unha das nosas grandes potencialidades por ser a provincia española que maior número de quilómetros de fronteira ten con outro país”.

ÚNICA EXPERIENCIA EN ESPAÑA CUNHA DEPUTACIÓN. No acto de hoxe tamén participaron o Alcalde de Muíños e presidente de AquaOurense, Plácido Álvarez, que puxo en valor a actividade que desenvolve desde hai 13 anos esta empresa mixta formada pola Deputación de Ourense e por Viaqua, encargada de realizar asistencias técnicas de cooperación coas entidades locais da provincia relacionadas co ciclo integral da auga e medio ambiente. O director de Viaqua, Marcos Martín, que subliñou que esta é a única experiencia que se está a levar a cabo en España cunha deputación, afirmou que o pacto permitirá realizar un cambio de modelo concesional nos municipios de menor tamaño, permitindo achegarlles proxectos sociais, de dixitalización e medioambientais. A encargada de presentar en detalle aos asistentes o Pacto Social AquaOurense e os próximos pasos foi Dulcinea Meijide, directora de Desenvolvemento Sostible do grupo empresarial ao que pertence Viaqua.

Tamén asistiron representantes das principais administracións, organismos, asociacións e empresas da provincia, que durante os próximos meses, da man de AquaOurense, traballarán en mesas de diálogo, onde se acordarán plans de acción con iniciativas aliñadas cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU, marcados dentro da Axenda 2030, dirixidas a contribuír á recuperación económica e social da provincia.

O obxectivo deste Pacto Social é contribuír á recuperación económica cun modelo de xestión da auga que mellore a calidade de vida e protexa ás persoas, especialmente ás máis vulnerables. Este modelo, baseado no compromiso local, promoverá a reconstrución verde e a innovación, favorecendo a evolución cara a uns municipios ourensáns sostibles e resilientes, a través do desenvolvemento de iniciativas concretas. redacción

17 jun 2021 / 18:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.