Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Deputación provincial e Academia Galega do Audiovisual desenvolverán proxectos xuntos

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse onte no Pazo Provincial cos máximos representantes da Academia Galega do Audiovisual: Álvaro Pérez, presidente; Miguel Mariño, director, e os integrantes da xunta directiva Saamira Ganay e Xavi Font, con quen acordou desenvolver entre ámbalas dúas entidades proxectos conxuntos, “unha reforzada alianza de colaboración que permitirá seguir impulsando o cinema galego no seu conxunto e potenciar aínda máis á provincia de Ourense como gran plató de cine”, expresou no acto o presidente da Deputación.

Na reunión, na que tamén participou o asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar, o presidente Baltar salientou que esta cooperación “intensa e permanente” será beneficiosa para o sector audiovisual en Galicia, tendo en conta a importancia da Academia e o pulo que a Deputación lle está dando ao sector audiovisual, “fundamentalmente para as rodaxes na nosa provincia, pero tamén organizando o Festival de Cine de Ourense, que o Festival de Cine de Galicia, que este ano celebra a súa vixésimo sexta edición”.

O presidente afirma que esta colaboración pasa tamén por celebrar no 2022, desde Ourense, os vinte anos de creación da Academia, “para seguir divulgando a importancia do cinema galego e do sector audiovisual entre os concellos da provincia, e para seguir apostando por los premios María Luz Morales, que xa está Deputación entregou en 2019 e que entregaremos tamén no 2023, e facilitando calquera cuestión que teña que ver coas sinerxias”.

22 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.