Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Desde hoxe, a RAG e a Barrié queren atopar a Palabra do Ano 2020

A elección colectiva do termo convócase un ano máis a través de portaldaspalabras.gal

Santiago. A Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié abren hoxe o prazo para propoñer palabras aspirantes a se converter na Palabra do Ano 2020. A elección colectiva do termo convócase un ano máis a través do Portal das Palabras (portaldaspalabras.gal), o proxecto impulsado por ambas as entidades para a difusión do léxico galego. Que a cidadanía decida a palabra que identifica o ano que remata pode ser un xeito de resumirmos como o vivimos, no bo ou no malo. Tamén pode ser unha maneira de redimírmonos daquilo que se quere deixar atrás, ou unha forma de buscar acougo. A última palabra terana as persoas que participen nesta iniciativa, que constará de tres fases. A primeira delas, a de proposta de termos, permanecerá aberta ata o domingo 13 de decembro ás 23:59 horas. Posteriormente, do 14 ao 25 de decembro, someteranse a votación telemática os máis significativos e máis repetidos na primeira fase. O 8 de decembro darase a coñecer o resultado.

É un proxecto cultural da Real Academia Galega e a Fundación Barrié para a modernización do traballo lexicográfico e a divulgación da nosa lingua. Cada semana, dende esta plataforma ofrecen xogos, vídeos e outros contidos divulgativos. ecg

30 nov 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.