Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Desde Teófilo Edicións publican o libro ‘As Herbaxeiras do Caurel’

Obra de María Moure de Oteyza, o traballo fala do uso tradicional das plantas medicinais

Santiago. Teófilo Edicións ven de publicar o libro María das Herbas e as herbaxeiras do Caurel, crónica da cultura popular dunha terra extraordinaria, un traballo de María Moure de Oteyza, farmacéutica, investigadora e divulgadora galega.

É un libro, baseado no uso tradicional das plantas medicinais e que ten como protagonistas ás persoas que habitan o territorio, as cales van configurando a cultura popular do Caurel a través de testemuños, ritos ancestrais, lendas, refráns, canción e adiviñas, tanto en torno á etmomedicina como en xeral.

A obra (escrita en galego) constitúe o primeiro tomo dunha triloxía que ten o catálogo de plantas medicinais como fío conductor.

Reflicte a experiencia de dous anos de traballo de campo baseado na Etnomedicina e na Etnografía xeral da Serra de O Caurel (Lugo). Trátase dun territorio especialmente rico, tanto dende o punto de vista da sabedoría popular coma botánico, pois case a metade da Flora total galega está representada nese 5 % do territorio que supón a Serra de O Caurel. Esta estrea de Teófilo Edicións, logo do traballo de María Moure de Oteyza, consta de dous bloques ben diferenciados: o que recolle os coñecementos englobados na Etnomedicina/Etnografía e mais o catálogo de plantas medicinais, de xeito que se constatou a pervivencia actual de amplos coñecementos de plantas de uso popular no territorio.

350 ENTREVISTAS Realizáronse “350 entrevistas de campo a 200 informantes do concello de Folgoso do Caurel, dividido en 50 núcleos de poboación”, segundo sinala a editorial na súa nota de prensa. Tamén se inclúen as entrevistas realizadas a persoas de varios concellos limítrofes. Os resultados serviron coma referencia para contrastar os datos obtidos.

Rexistráronse testemuños do uso de máis de 150 especies vexetais. Ó comparar a información obtida ca recollida na Fitoterapia científica, en moitos casos constatáronse grandes semellanzas, entendéndose como tales a existencia de usos iguais, semellantes ou complementarios.

Esta obra conta ca colaboración da Deputación de Lugo, da Caixa Rural Galega, do Colexio Farmacéutico de Lugo e e tamén da Fundación Uxío Novoneyra. X. SANMARTÍN C.

18 nov 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.