Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Directoras do noso cinema no festival Curtocircuíto

    Directoras do noso cinema no festival Curtocircuíto

    O cine en directo ou live cinema é, en si mesmo, un concepto difícil de explicar. Segundo a directora do proxecto, convidada ao festival internacional de cine Curtocircuito, hai quen o chama performance ou conferencia performativa, pero non é outra cousa que facer unha montaxe en directo, conectada a un proxector, mentres une clips e, co micrófono en man, vai comentando o que fai.

    Con ‘Cosas locas’, Marta Valverde trata de facer unha achega á “imposibilidade da imparcialidade” incuso no xénero documental, xa que, inevitablemente, sempre hai unha persoa detrás de cada decisión.

    Trátase dunha aposta polo cine experimental desta cita do cinema internacional da que poderemos desfrutar o vindeiro 6 de outubro, na sala Numax. Pero non é a única aposta do festival por esta directora emerxente, xa que un día antes haberá, nin máis nin menos, que seis proxeccións súas nunha sección non competitiva adicada a ela, Terra.

    Directoras do noso cinema no festival Curtocircuíto

    con ‘Memoria’ a compostelana Nerea Barros estréase como directora de cine, logo de terse consagrado como unha das actrices máis prometedoras do panorama audiovisual español no 2014, ano no que foi galardoada co Goya á Mellor actriz revelación polo seu papel en ‘La isla mínima’.

    Agora, con Memoria, ponse detrás das cámaras e fainos unha achega ás duras consecuencias que traen consigo o cambio climático e, sobre todo, a insensibilidade que pode chegar a ter o ser humano coa natureza a través do desastre acontecido no Mar de Aral, en Asia Central. O uso extensivo e intensivo deste recurso natural fixo que desta lagoa, que chegou a ser unha das catro máis grandes do mundo, non quede hoxe nin unha décima parte. Unha dura historia contada dende o punto de vista dun avó e a súa neta que saen na procura “dese mar que nunca volverá”. Unha cita asegurada do festival Curtocircuíto que poderemos ver o vindeiro 4 de outubro.

    Directoras do noso cinema no festival Curtocircuíto

    Videogramas #4 é a proposta da cineasta Jaione Camborda para a iniciativa de cración colectiva homónima de Numax, destinada a amosar a cidade compostelana con un enfoque diferente. Nesta peza, esta directora vasca que leva xa mais dunha década afincada na capital galega, fai unha aproximación ao rural compostelano que pervive no século XIX ás veces, entre os muros da mesma cidade.

    Outros títulos que a sitúan como unha das grandes cineastas do noso panorama son ‘Arima’, longametraxe pola que recibiu o premio á mellor dirección, ou a curta ‘A rapa das bestas’, aínda que é con ‘Videogramas #4’ co que participa na sección competitiva Planeta GZ do Curtocircuíto, que aglutina as producións galegas que dende o festival consideran máis arriscadas e interesentes, ao mesmo tempo que intenta conformar un conxunto que represente a heteroxeneidade da nosa escea, algo para o que, problamente, a súa achega é imprescindible.

    Directoras do noso cinema no festival Curtocircuíto

    Amarillo Atlántico é o nome que recibe a variedade de granito propia da zona da Serra da Groba, un lugar co que a profesional do audiovisual Carla Andrade garda unha vinculación especial. Ela mesma comenta que, se ben non é a súa terra natal, non é imprescindible para comprender o misticismo e o arraigo con Galicia que aínda esta presente nestos lares hoxe en día, e por eso Amarillo Atlántico tamén é o nome desta peza, coa que participa na sección competitiva planeta GZ do Curtocirtcuito e que tamén poderemos ver o día 4.

    Con esta peza, esta cineasta nada en Vigo trata dun modo simbólico e poético de xerar un diálogo entre a natureza, a historia do cristianismo e cultura galega, “que ten intrínseca ese amor pola natureza”, explica. A conexión coa natureza máis salvaxe, como conta Andrade, que debido ao catolicismo moitas veces se ten tachado de pagana, cunha connotación negativa, que é precisamente co que esta cineasta quere rachar.

    18 sep 2022 / 01:45
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito