Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

para Emilia Pardo Bazán

A CORUÑA. O Arquivo da Deputación da Coruña

dedica o seu Documento do mes de febreiro á acta que recolle a contribución

da institución provincial á subscrición popular para erixirlle unha estatua a

Emilia Pardo Bazán nos Xardíns de Méndez Núñez, na Coruña. Pardo Bazán foi a primeira muller profesora do Ateneo de Madrid, a primeira presidenta de Honra do Centro Galego da capital e da Real Academia Galega.

Tamén alcanza o cargo de conselleira de Instrución Pública e o de catedrática

da Universidade Central. A autora consegue todos os seus obxectivos, menos

entrar na Real Academia Española polo rexeitamento da masculinidade intelectual do momento. Todas as institucións galegas amosan o seu apoio ás candidaturas da condesa para formar parte da RAE, entre elas a Deputación da Coruña, o Círculo de

Artesáns ou a Real Academia Galega. A prensa tamén se posiciona ao seu favor e os seus incondicionais promoven unha subscrición popular para erixirlle unha estatua nos Xardíns de Méndez Núñez. Reúnen un total de 10.000 pesetas, das que 3.000 procedían da Deputación. A través da publicación deste documento, a institución provincial continúa coa súa pequena homenaxe a Pardo Bazán. REDACCIÓN

05 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.