Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Dúas latas de sardiñas á semana para evitar a diabetes

Quen nolo ía dicir? As sardiñas protexen ás persoas ante a diabetes. Xa sabiamos que, como peixe azul, os seus elevados niveis de graxas insaturadas axudan a controlar os niveis de colesterol e a previr enfermidades cardiovasculares. A novidade vén agora dun estudo liderado pola profesora Diana Díaz Rizzolo, investigadora da Universitat Oberta de Catalunya (UOC), que descubriu que o seu consumo regular ten un efecto preventivo ante a diabetes tipo 2 (a de aparición en adultos ou tamén coñecida como “non insulinodependente”). Claro que os efectos beneficiosos non son cousa de tomar un par de sardiñas ao ano, no día de San Xoán: trátase de facer un consumo regular e, de feito, os científicos falan de dúas latas á semana.


O estudo incluíu 152 pacientes de 65 anos ou máis con prediabetes, cuns niveis de glucemia (glucosa en sangue) en xaxún cercanos aos límites que marcan o inicio da enfermidade. Todos os pacientes entraron nun programa nutricional enfocado a diminuír o risco de padecer a enfermidade, pero só o grupo de intervención engadiu á súa dieta 200 gramos semanais de sardiñas (dúas latas de sardiñas con aceite de oliva). Aconselláronlles que se comesen as sardiñas enteiras, sen sacar o esqueleto, é dicir, con espiñas, dado que esta parte é especialmente rica en calcio e vitamina D.


O certo é que, ao cabo dun ano, no grupo dos que incluíuron sardiñas na dieta a porcentaxe de persoas en risco alto de padecer diabetes baixou dun 37% a un 8%, un descenso moi significativo e moi superior ao do outro grupo de control. Ademais, os investigadores detectaron que se beneficiaron dunha diminución dos triglicéridos e a presión arterial. Xa no aspecto máis científico, indicar que nutrintes como a taurina, o omega 3, o calcio e a vitamina D son os responsables dos efectos protectores.

06 may 2021 / 13:09
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.