El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

'Alma minha gentil', verso incesante da poesía portuguesa

Eneida edita unha magna antoloxía dos poetas lusos, ao coidado de Carlos Clementson

FRAN P. LORENZO SANTIAGO   | 28.04.2010 
A- A+

LETRAS LUSAS Retrato de Fernando Pessoa, un dos poetas portugueses antologados en ‘Minha Alma Gentil’

Poida que moitos dos autores referenciados nesta colosal antoloxía xeral da poesía portuguesa -que publica Editorial Eneida baixo o título Minha Alma Gentil-, evoquen no público lector español, e mesmo no galego, unicamente o nome de rúas, praças e largos do país veciño: Sá de Miranda, Almeida Garrett, Antero de Quental ou Guerra Junqueiro. O descoñecemento histórico co que España recibiu os logros e fitos da literatura portuguesa -quitadas as singularidades representadas aquí por Pessoa ou Saramago- é unha das eivas que tenta paliar este volume de máis de mil páxinas, ao coidado do filólogo e poeta cordobés Carlos Clemetson, que presenta en edición bilingüe portugués/castelán un percorrido intensivo polas letras lusas, que ten as súas orixes no esplendor da lírica galego-portuguesa. Desa parcela común que partillaron Martin Códax e Dom Diniz, medra xa no século XVI a voz canónica de Luís de Camões e o endecasílabo Alma minha gentil, que te partiste que dá título a esta compilación. Clemetson fai unha cumprida selección -con especial atención ao Modernismo e outras correntes do século XX-, na que sobrancean clásicos como Bocage, Almeida Garrett, Cesário Verde, Camilo Pessanha, Teixeira de Pascoaes, Torga, Sophia de Mello, Mário Cesariny, Eugénio de Andrade ou Herberto Helder.

tendencias@elcorreogallego.es

? www.editorialeneida.com