El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

'Anacos de vida' visita a península do Morrazo cara a percorrer Bueu

O mestre Sánchez Cidrás transmitirá ós seus netos a paixón por fotos antigas

ECG - SANTIAGO  | 09.11.2019 
A- A+

Anacos de Vida emprende hoxe na TVG unha viaxe pola península do Morrazo para percorrer nesta entrega do programa a fermosa vila mariñeira de Bueu e tamén as parroquias que forman este concello, onde os espectadores descubrirán as historias que se agochan tras as fotos antigas da súa xente.

O espazo da canle galega irá ao encontro dun mestre deses que deixan fonda pegada no seu alumnado, Arturo Sánchez Cidrás, un home que conseguiu compilar a mellor colección de fotos antigas de Bueu e que agora, xa xubilado, procura transmitirlle aos seus netos a súa paixón. Pola súa parte, o equipo de investigadores do formato ‘tratará de descubrir quen é un importante persoeiro internacional, relacionado con Bueu, e que se agocha tras a foto misteriosa desta semana.

Ademais, Aser Álvarez e Alba Prol vestiranse de gala para a sección de A foto por facer, onde tamén vivirán todo o glamour da celebración dun dos eventos culturais máis importantes deste concello: o Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu.