El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Arranca hoxe o Mercado Medieval de Mondoñedo con 150 postos e 70 actos

Ata 50 persoas no escenario van tomar parte alí esta noite da súa obra teatral

 Xan Carballal, Elena Candia, Alberto García - FOTO: ECG
Xan Carballal, Elena Candia, Alberto García - FOTO: ECG

REDACCIÓN   | 10.08.2018 
A- A+

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, presentou onte en Santiago a XXVII edición do Mercado Medieval acompañada do director da Escola de Música Municipal, Xan Carballal, e do concelleiro de Xuventude, Alberto García. A rexedora destaca a incorporación de novos contidos, así como unha maior presenza nesta edición de autores locais coma Souto Xímaro, Gaita Escola, Mondrum e a colaboración da Escola de Música, dos voluntarios e de O Pasatempo.

A cita, declarada o ano pasado Festa de Interese Turístico Galego, desenvolverase entre hoxe venres e o domingoo cunha ampla programación que recolle animación de rúa, música, actividades de recreación histórica, demostracións e obradoiros para todas as idades, degustacións e venda de produtos da terra. 

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt