Viernes 18.10.2019 Actualizado 18:03
Google    

El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

As Universidades de Vigo e da Coruña súmanse á difusión da Hora do Código

Voluntarios do CPEIG levan a programación informática á rapazada de 6 a 18 anos

Nenos e pais no salón de actos da ESEI - FOTO: Lorena Otero
Nenos e pais no salón de actos da ESEI - FOTO: Lorena Otero

VICTORIA ROJAS. SANTIAGO   | 17.12.2017 
A- A+

Santiago. Onte tivo lugar, cun enorme éxito de participación, a difusión da Hora do Código nos actos centrais que con tal motivo se desenvolveron na Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) da Universidade de Vigo, Campus de Ourense, e na Facultade de Informática (FIC) da Universidade da Coruña, que contaron coa colaboración do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), que preside Fernando Suárez,

Os obradoiros, totalmente gratuítos, estiveron dirixidos a rapaces de entre 6 e 18 anos de idade.

As actividades nos centros universitarios desenvolvéronse coa participación de voluntarios do CPEIG, persoas colexiadas que impartiron a título individual, charlas en centros educativos en Galicia ao longo da semana.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt