El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Caamaño Asia cederá 250.000 máscaras

Serán destinadas ao persoal sanitario e as Forzas e Corpos de Seguridade

ECG SANTIAGO  | 26.03.2020 
A- A+

A empresa C­aamaño Asia, propiedade de José Caamaño e a familia Mahía, comprometeu a doazón de 250.000 máscaras destinadas á protección do persoal sanitario do SERGAS e axentes das forzas de seguridade da área metropolitana da Coruña, que están a traballar en primeira liña da loita contra o covid-19.

Onte martes, a empresa fixo entrega da primeira partida de 50.000 máscaras ao Sergas e mañá chegará unha segunda remesa con 100.000 unidades. Ademais, Caamaño Asia iniciou xa os trámites para traer a Galicia 100.000 máscaras máis, das cales a metade se entregará igualmente ao Sergas e a outra metade ás forzas de seguridade da contorna da Coruña.

Ademais, os responsables da empresa téñense posto á disposición da Xunta para prestar a súa colaboración en todo o que esté na súa man á hora de frear esta pandemia, entendendo que, neste momento a prioridade absoluta é parar a súa evolución e protexer a saúde dos cidadáns.