El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Carlos León, fito da pintura abstracta española, no CGAC

Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre comisarían a mostra, aberta até o 1 de marzo

Carlos León, retratado onte no CGAC  - FOTO: Lavandeira Jr.
Carlos León, retratado onte no CGAC - FOTO: Lavandeira Jr.

JAVIER GARCÍA. SANTIAGO  | 01.11.2014 
A- A+

O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acolle até o 1 de marzo de 2015 unha exposición, que ocupa toda a planta baixa do centro, composta por máis de trinta pezas, entre pinturas e esculturas, do mestre da abstracción ceutí Carlos León.

Co nome A orde das primeiras cousas, a exposición constitúe a mostra máis completa realizada polo artista ata a actualidade e ocupará a totalidade da planta baixa do CGAC.

O director do CGAC, Miguel Von Haffe, presentou onte venres a exposición en compañía dos dous comisarios, Angel Cerviño e Alberto González-Alegre, e do propio artista.

Esta mostra explora algunhas das series máis recentes do artista, nas que Carlos León objetiviza o acto de pintar e mestura as cores da súa paleta con residuos industriais e elementos recuperados de chatarrerías.

As salas do CGAC énchense de ferros, táboas, cables e palanganas que se atopan formando esculturas e que dialogan con cadros superpuestos e que se elevan sobre o solo, con pezas que remiten ó espazo do seu taller.

A mediados dos anos setenta Carlos León estivo ligado ao grupo francés Supports-Surfaces; ao seu espírito subversivo e ao seu interese polo retorno a unha pintura rigurosamente formalista. Tras as súas longas estadías no Nova York dos anos oitenta e noventa, a predominancia xeométrica do seu traballo derivou nunha factura máis expresionista e xestual, pintando directamente coas mans sobre soportes de grande formato. Na actualidade, a súa obra imponse como unha das propostas fundamentais da pintura abstracta española.