El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

A carta de perdón de R aos seus clientes, con desconto nas liñas afectadas multiplicado por cinco

"É moi difícil expresar como nos sentimos. Non foi un Nadal tan feliz. Ver en primeira persoa como calquera que pasaba ao noso lado non podía usar o móbil foi moi duro" // Haberá desconto na factura de xaneiro

SANTIAGO. REDACCIÓN WEB  | 27.12.2016 
A- A+

Foi catalogada como unha avaría "masiva" e deixou este viernes, 23 de decembro (a data era moi significativa) sin servizo durante horas a numerosos clientes da compañía de telefonía R en diversas zonas de Galicia. A operadora pediu disculpas e mirou en dirección a Vodafone, indicando que "a causa da incidencia" debeuse a "un aumento desproporcionado do tráfico de SMS dirixidos a clientes de R como consecuencia dun envío masivo de mensaxes do operador Vodafone". A resposta foi rápida, "logo das análises técnicas realizadas", Vodafone España di "ter a firme convicción de que nada ten que ver con esta incidencia", pois o seu envío de SMS cursados desde a red de Vodafone á rede de R "non é significativo", polo que cualificou a acusación de "inxustificada e irresponsable".

Fora desta rifa entre operadoras, o que si chama moito a atención neste mundo noso no que é unha enorme rareza pedir perdón e asumir erros, é a carta que R lles enviou aos seus clientes para disculparse, darlles as grazas e informalos, ademais, de como intentará compensalos. Algúns deles, despois das queixas lóxicas polos cortes, recoñeceron que esta actitude merece ser destacada. A carta é esta que se transcribe íntegra:

"Perdón.

É o primeiro que nos sae. É moi difícil expresar como nos sentimos. Non foi un Nadal tan feliz. Ver en primeira persoa como calquera que pasaba ao noso lado non podía usar o móbil foi moi duro. Precisamente nestas datas.

É unha mestura de impotencia e de rabia. Estamos tristes por todo o sucedido, polas molestias causadas, polos problemas que tiveches co servizo. Desculparse é pouco.

Toca traballar para que algo así non volva suceder e recuperar a túa confianza. O primeiro será compensarte. Non queremos que te preocupes por nada; todo será automático. É o mínimo que podemos facer... e debémoscho. Aplicaremos un desconto nas liñas afectadas equivalente a 5 veces a cota correspondente ao periodo de indispoñibilidade do servizo. Como a factura do mes de decembro xa foi emitida, o desconto aplicarase na factura que recibirás a finais de xaneiro.

Nunca antes nos sentimos tan en débeda contigo e co resto de clientes. A pesar das circunstancias, moitos non deixastes de darnos ánimo e agarimo. Demostrastes unha vez máis o grandes que sodes como clientes. De novo, sen palabras. Tócanos seguir traballando e ser ese R co que sentes identificado. Grazas de novo, e perdón.

R"