El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

O CEIP Agro do Muíño estuda o galego na infancia

A análise sociolingüística servirá de guía para recuperar terreo// O informe, realizado pola RAG, foi presentado onte

Foto de familia da presentación do informe A lingua no CEIP Agro do Muíño.  - FOTO: ECG
Foto de familia da presentación do informe A lingua no CEIP Agro do Muíño. - FOTO: ECG

MARTA ARCE  | 27.09.2018 
A- A+

O salón de plenos do Concello de Ames acolleu onte a presentación do informe A lingua no CEIP Agro do Muíño, froito da colaboración entre o CEIP Agro do Muíño, a Real Academia Galega e o Concello de Ames. O estudo, un dos máis completos realizados ata o momento sobre o galego nun centro escolar, baséase nas enquisas administradas desde o propio colexio a todas as familias e alumnos de infantil e primaria e mais ao profesorado, para coñecer a situación sociolingüística da comunidade educativa e poder así levar a cabo unha axeitada planificación neste eido.

O Seminario de Sociolingüística da RAG encargouse da análise das respostas, presentada nun documento que nas conclusións recomenda frear o retroceso do galego na infancia con medidas tanto dentro da escola como noutros espazos e contextos que están a gañar influencia na socialización da xente nova.

O Concello expresou a vontade de aproveitar esta información para seguir a traballar nesta dirección nos múltiples eidos nos que ten capacidade de acción, desde a rede municipal de servizos educativos complementarios de conciliación ata as actividades deportivas e lúdicas dirixidas ao público máis novo.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt