El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

RADIO OBRADOIRO, 102.1 FM

O centro de Santiago contará cunha sala de cine en versión orixinal

Abrirá en marzo de 2015 // Trátase dun proxecto cooperativo, chamado NUMAX, que inclúe tamén un laboratorio audiovisual e unha libraría // Estará situado na rúa Concepción Arenal, preto do antigo Cine Capitol

Radio Obradoiro

Radio Obradoiro

Entrevista

Carlos Hidalgo, co-fundador de NUMAX

SANTIAGO. RO  | 04.09.2014 
A- A+

NUMAX
Plano de como será a sala de cine
FOTO: NUMAX

Despois do peche dos Cines Valle Inclán, Compostela quedou sen cines no centro da cidade. Isto cambiará a partir de marzo do vindeiro ano cando abra as súas portas NUMAX, unha sala de cinema cooperativa situada na rúa Concepción Arenal, nun local de case 200 metros cadrados, curiosamente moi preto do que fora un dos cines históricos de Santiago, o Capitol. O proxecto, impulsado por catro mozos de Compostela, inclúe tamén unha libraría e un laboratorio audiovisual. Segundo explicou en Radio Obradoiro Carlos Hidalgo, un dos impulsores da iniciativa, NUMAX é "unha cooperativa de catro persoas que traballábamos como editores, deseñadores gráficos e libreiros. Decidimos xuntarnos para traballar nun proxecto común e ofrecer á sociedade unha sala de cine no centro da cidade, algo que nós e moitos veciños botamos en falta". Hidalgo explicou que nela "proxectaranse filmes en versión orixinal que non chegan a estrearse en Compostela e películas que están fora do circuíto comercial". O proxecto conta cun préstamo da cooperativa de servizos financeiros Coop57 se reúnen 200 avais persoais de 1.000 e 5.000 euros, dos que xa contan con 113.

Síguenos en twitter e facebook