El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Certame de periodismo Xosé Aurelio Carracedo

Dotado cun único premio de 3.000 €, é idea da Deputación de Ourense

ECG SANTIAGO  | 12.01.2019 
A- A+

A xunta de goberno da Deputación de Ourense aprobou na reunión celebrada esta mañá as bases reguladoras para a convocatoria do XXIX Premio de periodismo Xosé Aurelio Carracedo, que organiza a Deputación de Ourense. Así o informou a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, quen deu conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres.

As bases deste certame –que se publicarán proximamente no BOP– recollen que poden optar ao galardón, dotado cun único premio de 3.000 euros, todos os profesionais ou colaboradores habituais que exerzan o seu labor en medios de comunicación escritos ou audiovisuais, en calquera das súas modalidades.

As propostas poderán ser, indistintamente, presentadas polos propios interesados, pola dirección do medio no que foron publicadas, por institucións, asociacións, colectivos, persoas individuais ou polo propio xurado. Os traballos ou conxuntos de traballos –gráficos, escritos, audiovisuais ou dixitais–, terán que estar publicados en medios de comunicación galegos, ou noutros medios pero deberán referirse a Galicia, entre o día 1 de xaneiro de 2018 e o día 31 de decembro do mesmo ano.