Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O CGAC acolle ‘Lugar: continxencias de uso’, un proxecto creado por mulleres

Esta exposición permanecerá aberta ao público ata o próximo 29 de outubro

Santiago. Onte tivo lugar a apertura dunha nova exposición no CGAC. Lugar: continxencias de uso é o primeiro proxecto de produción que o CGAC leva a cabo reunindo obra de artistas novas vinculadas ao panorama artístico latinoamericano, mulleres ­cunha traxectoria ­consolidada nun momento no que concitan unha atención ­internacional.
Susana González é a comisaria deste proxecto ambicioso –que estará aberto ao público ata o 29 de outubro–, tanto para as artistas como para a institución, no que se revisa a obra das tres creadoras a partir de un proceso específico de produción das pezas, realizadas expresamente para a mostra e no propio lugar onde se expoñen, o que ademais suscita un diálogo, desde un fundamento escultórico, coa arquitectura de Álvaro Siza, un achegamento ao feito arquitectónico por medio dun proceso de procura dun espazo de continxencia común.
Cada unha das artistas traballa nunha dirección moi singular, e é ­precisamente o espazo, a acción sobre el e a interpretación do mesmo, o nexo común entre elas.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

22 jun 2017 / 19:45
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito