Lunes 21.10.2019 Actualizado 00:39
Google    

El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Clausura dos cursos de verán Galego sen Fronteiras da RAG

Organizados xunto ao ILG, na cita participaron este ano ata 70 estudantes doutras xeografías

CULTURA Dende a esquerda, Monteagudo, González Seoane e Valentín García - FOTO: G.
CULTURA Dende a esquerda, Monteagudo, González Seoane e Valentín García - FOTO: G.

FRAN SEOANE SANTIAGO   | 25.07.2019 
A- A+

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou onte no acto de clausura dos XXXII Cursos de lingua e cultura galegas Galego sen Fronteiras organizados pola Real Academia Galega (RAG) e o Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago la (USC), en colaboración coa Xunta de Galicia. Neles, 70 estudantes chegados de universidades de fóra de Galicia seguiron as actividades formativas e complementarias que lles permitiron achegarse á lingua e á cultura propias de Galicia durante as últimas tres semanas.

"Concluídes estes cursos xa como verdadeiros embaixadores da nosa lingua propia no mundo", destacou o secretario xeral, "o galego e nós somos afortunados por contar, ano a ano, con novos aliados". Participaron no acto de clausura Ernesto González Seoane, vicerreitor de Profesorado da USC; Henrique Monteagudo, secretario da RAG; María Álvarez de la Granja, secretaria do ILG, e Ana Fachal, representante do profesorado dos cursos.