El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Conde abre unha exposición sobre os ‘homes-montaña’

O Centro Cultural de Ourense acolle esta mestura de vinte conxuntos escultóricos

MOSTRA Ramón Conde, esquerda, con José Manuel Baltar e Francisco González.  - FOTO: CG
MOSTRA Ramón Conde, esquerda, con José Manuel Baltar e Francisco González. - FOTO: CG

ANDRÉS BARREIRA. OURENSE  | 07.09.2012 
A- A+

O escultor ourensán Ramón Conde inaugurou onte, no Centro Cultural Marcos Valcárcel da capital das Burgas, a su exposición sobre os "homes-montaña". Psicoloxía, soños e a paisaxe humana mestúranse nos vinte conxuntos escultóricos que exhibe o creador "procurando ensamblar formas e sentimentos para atraer a atención do espectador", explicou onte Conde na presentación da exposición titulada Unha mirada sobre as actitudes humanas.

O artista estivo acompañado polo presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, e polo director do Centro Cultural, Francisco González. Baltar destacou que Conde "é un dos artistas máis representativos da escultura galega e forma parte do conxunto de creadores máis recoñecidos da nosa provincia, xunto con Buciños, Arturo Baltar, Xosé Cid, Acisclo Manzano e Ignacio Basallo". 

Más información en El Correo Gallego en Orbyt