O CPEIG conmemora os seus dez anos de vida nun acto en Santiago
Persoas clave no devir tecnolóxico de Galicia lembrarán iniciativas que deixaron pegada
Santiago. O vindeiro 15 de decembro cumpriranse dez anos da creación do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). Por iso, hoxe, un evento participativo celebrará a efeméride e rememorará cada ano desa década desde un punto de vista tecnolóxico. O encontro terá lugar a partir das 19.00 horas no salón de actos do Centro Abanca Obra Social, sito na Praza de Cervantes de Santiago.
Asociacións, empresariado e cargos institucionais xa confirmaron a súa asistencia ao acto, no que acompañarán aos colexiados.
Baixo o lema 10 anos conectad@s, o CPEIG organizou ao longo de 2017 unha serie de actividades e actos dirixidos a celebrar a efeméride.
O evento de hoxe será a culminación desas conmemoracións e estará conducido polo divulgador científico Manuel Vicente.
Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt