Viernes 18.10.2019 Actualizado 18:13
Google    

El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

O CPEIG conmemora os seus dez anos de vida nun acto en Santiago

Persoas clave no devir tecnolóxico de Galicia lembrarán iniciativas que deixaron pegada

REDACCIÓN  | 30.11.2017 
A- A+

Santiago. O vindeiro 15 de decembro cumpriranse dez anos da creación do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). Por iso, hoxe, un evento participativo celebrará a efeméride e rememorará cada ano desa década desde un punto de vista tecnolóxico. O encontro terá lugar a partir das 19.00 horas no salón de actos do Centro Abanca Obra Social, sito na Praza de Cervantes de Santiago.

Asociacións, empresariado e cargos institucionais xa confirmaron a súa asistencia ao acto, no que acompañarán aos ­colexiados.

Baixo o lema 10 anos conectad@s, o CPEIG organizou ao longo de 2017 unha serie de actividades e actos dirixidos a celebrar a ­efeméride.

O evento de hoxe será a culminación desas conmemoracións e estará conducido polo divulgador científico Manuel Vicente.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt