Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O CPEIG convocao Premio Fin de Carreira e Máster en Enxeñaría en Informática

    MIL EUROS O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) convoca a novena edición do Premio Proxecto Fin de Carreira e Máster en Enxeñaría Informática.

    O galardón quere ser un estímulo para os estudantes e ­recentemente titulados en Enxeñaría en Informática ou Máster en Enxeñaría Informática e terá unha dotación económica de 1.000 euros para o traballo gañador.

    Tal e como se recolle nas bases do certame, poden concorrer ao premio todos aqueles enxeñeiros en Informática que presentaran nunha universidade galega o proxecto fin de carreira nos anos 2016, 2017 e 2018.

    Aqueles estudantes que queiran optar ao premio do CPEIG poden remitir a ­documentación precisa (ficha resumo do ­proxecto, resumo e memoria ­completa) ata o día 10 de maio ao seguinte enderezo ­electrónico: informacion@cpeig.gal.

    As bases e o formulario para presentar a ­candidatura están xa dispoñibles no portal www.cpeig.gal.

    O premio entregarase na Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, que se celebrará o 15 de xuño en Santiago.

    Mediante a organización deste galardón, o ente colexial busca achegarse ao colectivo estudantil e defender as vantaxes da colexiación, ademais de estimular o traballo dos estudantes.

    hoxe, charla

    •••O CPEIG impartirá hoxe unha charla sobre os criterios para educar aos rapaces na era das novas tecnoloxías no Colegio Junior's de Santiago.

    •••O seu presidente, Fernando Suárez, comentará os principais perigos da rede, como o ciberbullying, g­rooming, phising ou fraude, virus...

    08 mar 2018 / 21:33
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito