El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

O CPEIG, Fegamp e Amtega falaron da nova normativa de protección de datos

O presidente do CPEIG, Fernando Suárez - FOTO: G.
O presidente do CPEIG, Fernando Suárez - FOTO: G.

ECG   | 24.03.2018 
A- A+

INTERNET O Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organizou onte unha xornada técnica e divulgativa sobre o impacto do regulamento xeral de protección de datos sobre a actividade dos concellos e Administracións Públicas, organizada en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega). Celebrouse no Edificio Cersia de Santiago. O encontro, no que participaron un centenar de técnicos, foi inaugurado pola directora da Amtega, Mar Pereira; o vicepresidente executivo da Fegamp, Manuel Mirás; e o presidente do CPEIG, Fernando Suárez. As administracións locais, ao igual que o resto de administracións públicas, son responsables e encargadas de tratamentos de datos persoais no desenvolvemento de moitas das súas actividades. Neste marco, o Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD) terá un forte impacto sobre os cidadáns, empresas e administracións públicas, e requirirá un gran esforzo de adaptación ao novo marco legal por parte de todos.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt