El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Culleredo participa o día 15 no aniversario da web Wikipedia

E. P.   | 11.01.2011 
A- A+

A Coruña. Culleredo (A Coruña) formará parte o próximo sábado, 15 de xaneiro, da festa mundial da Wikipedia, enciclopedia libre ONLINE que celebra o seu décimo aniversario, con eventos conmemorativos que terán lugar en 300 cidades dos cinco continentes. A cita, segundo sinalaron fontes municipais, non se limitará a ser un punto de encontro para os afeccionados á Wikipedia, pois os participantes tratarán de superar o reto de chegar ás 5.000 edicións da Galipedia. Os wikipedistas de todo o planeta celebrarán o décimo aniversario da enciclopedia, para o que se creou a web especial onde figuran as máis de 300 conmemoracións previstas para esa data.