Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Curso sobre a cultura e o idioma da RAG e a USC

Chegarán a Galicia un total de 70 estudantes de máis de vinte países

    A XXXII edición dos cursos de lingua e cultura Galego sen fronteiras desenvolverase en Santiago dende o 2 ao 24 de xullo e contará con preto de 70 estudantes procedentes de máis de vinte países.

    As xornadas, que están coorganizadas pola Real Academia Galega (RAG) e polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e que contan co apoio da Deputación da Coruña e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, combinarán tanto clases teóricas coma prácticas sobre o idioma e a cultura da comunidade, ademais de incluír diversas excursións e obradoiros.

    Os estudantes, que proceden de Rusia, Finlancia, Hungría, India, Irán, Madagascar, Arxencina ou Gales, entre outros moitos países, ademais de vir dende outras comunidades españolas, atoparanse no acto do curso. Este evento celebrarase o vindeiro 2 de xullo ás 12:30 horas na Facultade de Filosofía e contará coa presenza dos representantes de todas as institucións implicadas.

    En canto á conferencias, Víctor F. Freixanes, presidente da RAG, será o encargado de inauguralas o próximo xoves 4 de xullo na sede da institución, na rúa Tabernas da cidade da Coruña, nun encontro no que o alumnado tamén poderá visitar a Torre de Hércules.

    26 jun 2019 / 21:17
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito