El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Do Cebreiro: "A produción cultural debe asumir a herdanza do rural"

A investigadora participou nos cursos de lingua e cultura Galego sen fronteiras

María do Cebreiro - FOTO: Wikipedia
María do Cebreiro - FOTO: Wikipedia

REDACCIÓN   | 14.07.2018 
A- A+

Santiago. Rosalía deixou nos Cantares Gallegos moito máis ca unha simple celebración do territorio. "Mesmo facendo un canto de fundación, apártase do tradicionalismo paisaxista e fai algo que a min me parece crítico e subversivo, o que podemos chamar, como di o crítico Leo Marx, a pastoral problemática ou distópica", analiza María do Cebreiro Rábade Villar.

Século e medio despois, a investigadora e poeta identifica nese mesmo esteiro as propostas de Chus Pato e Lupe Gómez, que abordan as interaccións entre o ser humano e o medio rural galego partindo a miúdo dunha refutación dos tópicos da poesía paisaxista.

Ela mesma procura situarse na intersección destas dúas poéticas singulares nun novo proxecto creativo do que avanzou varios inéditos no relatorio Que tipo de afecto é o arraigamento? Algunhas reflexións sobre poesía e lugar, que impartiu nos Cursos de lingua e cultura galegas Galego sen fronteiras para persoas de fóra de Galicia, da Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega.

María do Cebreiro

Poeta e investigadora

"Char dixo que a nosa herdanza non foi precedida de ningún testamento"