El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Doce vídeos de conversas no Portal da Lingua Galega

Concerto homenaxe do Consello da Cultura Galega, no Auditorio compostelán

ECG   | 16.05.2019 
A- A+

Santiago. O Portal da Lingua Galega, www.lingua.gal, da Consellería de Cultura e Turismo, difunde desde onte na súa sección dedicada ás Letras Galegas os doce vídeos de conversas con Fraguas pertencentes ao proxecto Antonio Fraguas, da Aldea á Academia, elaborado por Acuarela Comunicación coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Trátase dunha selección de conversas do director de cinema Xan Leira co autor das Letras Galegas 2019 gravadas nos 1997 e 1999, poucos meses antes do pasamento de Fraguas.

As doce pezas que conforman o proxecto refírense a diferentes momentos da vida do polígrafo de Cerdedo-Cotobade e, a través dela, da historia social, cultural e política da Galicia do século XX. Nelas amósase a importancia que o autor lle daba á investigación, recuperación e transmisión do saber popular para elevalo a categoría académica.

Todos eles están accesibles en www.lingua.gal/letras-galegas-2019.

As celebracións no Consello da Cultura Galega arrincan hoxe cunha nova edición do Concerto das L­etras Galegas.

Unha cita que inspírase na cultura patrimonial que tanto axudou a recuperar Fraguas e se traduce n­unha actuación da orquestra f­olk SonDeSeu con O fiadoiro no Auditorio de Galicia ás 20.30 horas.