El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Dunne amósalle ao lector foráneo o retrato da literatura galega de hoxe

O tradutor e editor recompila e verque ao inglés a maioría dos textos dunha magna antoloxía bilingüe, publicada por Xerais, Galaxia e a Xunta de Galicia

Anxo Lorenzo, esquerda, Jonathan Dunne, Víctor F. Freixanes, Manuel Bragado e Carina Fernández  - FOTO: Ramón Escuredo
Anxo Lorenzo, esquerda, Jonathan Dunne, Víctor F. Freixanes, Manuel Bragado e Carina Fernández - FOTO: Ramón Escuredo

FRAN P. LORENZO. SANTIAGO  | 31.05.2013 
A- A+

Jonathan Dunne, tradutor e director do selo editorial Small Stations Press –que publica a colección Galician Clasics– fala con entusiasmo das posibilidades da literatura galega alén das súas fronteiras físicas. "Sen tradución non hai voz fóra de Galicia, fóra do ámbito lingüístico galego", apuntaba onte o tradutor de Manuel Rivas, e autor do volume que onte se presentou na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago. Anthology of Galicia Literature/Antoloxía da Literatura Galega (1981-2011) é o resultado dunha teima persoal, a de Dunne, e dunha colaboración non inédita pero si até o de hoxe inusual entre as dúas grandes editoras galegas, Galaxia e Xerais, e a Xunta de Galicia. A uns e a outros agradeceulles onte os apoios Jonathan Dunne, quen foi debullando os criterios de edición e os datos que amparan esta foto fixa "do que se está a facer nas letras galegas hoxe", pois dous tercios dos autores seleccionados presentan textos publicados no século XXI. O libro vai dirixido ao lector/editor non galego, tamén o seu limiar que traza unha cumprida panorámica do sistema literario galego desde a aprobación, en 1981, do Estatuto de Autonomía até o presente.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt