El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

A editora Chan da Pólvora arrinca como espazo poético

Preséntase en Santiago, Ourense e Vilagarcía // Publica 'A Oseira' de Antón Blanco e reeditará 'Urania' de Chus Pato

O poeta de Carril Antón Blanco presenta ‘A oseira’ en Chan da Pólvora que reedita ‘Urania’ de Chus Pato
O poeta de Carril Antón Blanco presenta ‘A oseira’ en Chan da Pólvora que reedita ‘Urania’ de Chus Pato

ELADIO FERNÁNDEZ SANTIAGO   | 26.06.2016 
A- A+

Unha aposta pola poesía como motor de progreso e do libro como contedor de máxima esixencia, son dous dos eixos que se plantexa a nova firma editorial Chan da Pólvora, que nesta semana achegará ó público os seus primeiros títulos: A Oseira, a ópera prima de Antón Blanco e Urania, un poemario de Chus Pato, no que celebra os 25 anos da súa traxectoria, determinante na literatura galega deste século.

A nova iniciativa editora, que nace dirixida polo poeta e xornalista Antón Lopo, terá as primeira das súas presentacións mañá no Espacio Lector Nobel de Vilagarcía (20.00 horas), xunto ó seu primeiro título, nun acto no que participará Antón Blanco, o escritor Manuel Seixas e o director da editora Antón Lopo. Seguidamente, está previsto que en Compostela se presente o 1 de xullo na librería Chan da Pólvora (Rúa de San Pedro 74-76) co poeta Gonzalo Hermo como convidado e, posteriormente, o día 7 chegará a Ourense da man de Chus Pato no Espazo Lector Nobel, (Rúa da Concordia).

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt