El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Emotiva homenaxe no cemiterio ourensán de San Francisco a Blanco Amor

ECG   | 03.12.2019 
A- A+

Santiago. O cemiterio de San Francisco en Ourense foi escenario, un ano máis, da homenaxe ao escritor ourensán Eduardo Blanco Amor, con motivo do 40 aniversario do seu pasamento. Unha xornada de lembranza, a décimo sétima, que contou coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernandez; o presidente do PEN Galicia, Luis González Tosar; o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; Manuel Álvarez Fernández, concelleiro de Servizos Xerais do Concello de Ourense; alumnos do IES Blanco Amor; o promotor do acto, que fora director deste centro educativo, José Luis Díaz, así como diversos representantes do ámbito cultural.

Rosendo Fernández afirmou "que se alguén levou a ourensanía polo mundo adiante, ese foi Blanco Amor", cualificando como "indisoluble a relación do autor que inmortalizou a Auria coa Deputación de Ourense", institución comprometida coa reivindicación da súa figura a través da custodia da súa biblioteca e do premio de novela longa co seu nome.