El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

resultados singulares e atraentes

‘Encallados’ empeza a medrar nas pantallas

A película de Alfonso Zarauza, que onte se preestreou en Santiago, é un relato autorreferencial, honesto e con humor sobre a aventura de facer cine en Galicia

Castromán, esda., Ricardo de Barreiro, Zarauza e Fede Pérez  - FOTO: F. Blanco
Castromán, esda., Ricardo de Barreiro, Zarauza e Fede Pérez - FOTO: F. Blanco

FRAN P. LORENZO. SANTIAGO  | 04.06.2014 
A- A+

Os actos fallidos teñen, polo xeral, resultados singulares e atraentes. Tamén no cine. Moitos guións nacen arredor dun impedimento ou dunha cadea deles. Esa imposibilidade, a de afrontar unha película sobre a catástrofe do Prestige, está na cerna narrativa de Encallados, o filme que onte preestreou en Santiago o director Alfonso Zarauza. A presentación aos medios de comunicación tivo lugar no Bar La Flor, un dos escenarios desta longametraxe, que tamén é, en si mesma, unha homenaxe, en branco e negro e en 16 mm, á capital de Galicia así como unha tentativa de retratar dun xeito non tópico unha cidade infinitas veces retratada.

Encallados

é, en palabras do seu realizador, "valente e arriscada en todos os seus procesos", un relato apegado á realidade do que significa facer cine en galego e en Galicia e unha aposta "arriscada a nivel interpretativo", un reto ao que lle puxeron cara e voz Xulio Abonjo –que interpreta ao director–, e Ricardo de Barreiro e Federico Pérez, que interpretan os guionistas Andy Mahía e Xosé Castro Pato, de Zopilote. 

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt