El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Entrega hoxe dos premios de Transferencia de Tecnoloxía

SANTIAGO. REDACCIÓN  | 12.12.2017 
A- A+

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta entregan hoxe os Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2017.

Nun acto que terá lugar a partir das sete da tarde, no salón de actos da sede compostelá da RAGC, está previsto que asistan o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde; o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Viaño; o vicerreitor de Política Científica da Universidade da Coruña, Salvador Naya; a directora do Centro de Investigación Biomédica da Universidade de Vigo, África González; a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey; o xerente da Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS), Luis León; a directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), Marisa López, e o director xeral de Ordenación Forestal da Xunta, Tomás Fernández-Couto.

O premio ao mellor caso de éxito de transferencia de tecnoloxía en pemes será para HGBeyond Materials Science. O galardón para o mellor caso de éxito de transferencia de tecnoloxía en grandes empresas será para BorgWarner Emissions Systems Spain.

A distinción para o mellor traballo desenvolvido por un grupo de investigación aplicada será para o Departamento de Enxeñería Agroforestal da USC, no Campus Terra de Lugo, en colaboración co enxeñeiro de industrias alimentarias Hiram Varela.