El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Escolas Católicas entrega os XV premios Martín Sarmiento

ACTO Primeiro pola dereita, o presidente da xunta directiva de Escolas Católicas, Juan Manuel Buján, con alumnado que se presentou ao certame de curtas, durante a gala feita en Santiago.  - FOTO: ECG
ACTO Primeiro pola dereita, o presidente da xunta directiva de Escolas Católicas, Juan Manuel Buján, con alumnado que se presentou ao certame de curtas, durante a gala feita en Santiago. - FOTO: ECG

REDACCIÓN   | 05.05.2019 
A- A+

EDUCACIÓN No hotel San Francisco de Santiago tivo lugar o venres a entrega da décimo quinta edición dos premios Sarmiento e da XI do certame de curtametraxes REC.curta. O acto fo inagurado por Valentín García, secretario xeral de política lingüística, e por Juan Manuel Buján, presidente da xunta directiva de Escolas Católicas. Os case 3.000 lectores dos colexios da federación decidiron que os gañadores foran Lito Vila Baleato con Campus Morte; Descoñecidos, de David Lozano; A incrible viaxe de Noa, de Fernando M. Cimadevila; Ledicia Costas e A Señorita Bubble; Catro Pedras Vellas de Pere Tobaruela; e María Lado con Cinco Minutos. Entre o alumnado de Infantil o gañador foi Un máis de Olalla González. As curtas premiadas son Radio, presentada por alumnado dos Padres Franscicanos de Lugo e Os García, dos estudantes do colexio María Inmaculada de Vigo.









Galiofer es un portal de ofertas y descuentos en Galicia. Las mejores ofertas en Salud y Belleza, Hogar, Regalos, Restaurantes, Escapadas...