El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Tendencias | tendencias@elcorreogallego.es  |   RSS - Tendencias RSS

Exposición en Química sobre a táboa periódica

REDACCIÓN   | 24.05.2019 
A- A+

Santiago. No marco do Ano Internacional da Táboa Periódica, a Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración co Grupo Interdisciplinar de Innovación Docente en Química e o Grupo de Innovación Docente en Química Física, está a desenvolver o concurso A táboa periódica e Galicia.

O concurso, para alumnado de 3º e 4º da ESO, Ciclos Formativos e BAC, rematou a fase de envío de pósteres o 12 de abril, recibindo 84 carteis.

Os participantes pódense ver en http://www.usc.es/gl/centros/quimica/curso/Tperiodica1.html.

O broche final terá lugar hoxe, nun acto académico en Química, que comezará ás 9 da mañá co rexistro dos 30 seleccionados para a exposición. Aberta ao público, terá lugar na planta baixa da facultade.

Ás 12.30 horas entregaranse os premios na Aula Magna Antonio Casares, e o acto rematará cun pequeno convite organizado dende o Decanato.